Curso básico de hostalería en Cambre
OBXECTIVO DO CURSO: facilitar á xuventude de Cambre o acceso a unha actividade laboral a desenvolver de xeito puntual ou de tempada, e que sexa compatible co desenvolvento da sua vida habitual (estudios, etc…) permitíndolle certo grao de independencia e que lle serva como experiencia dos primeiros pasos do acceso ó mundo laboral
DATAS DA ACTIVIDADE: 5 e 6 de abril de 2014
DATA INSCRICIÓNS: dende o luns 24 ata o venres 28 de marzo (ás 14 horas).
HORA/LUGAR DAS CLASES: sábado 5, de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas. O domingo 6, só pola mañá, de 10,00 a 14,00 horas.
COTA DE INSCRICIÓN: 20,00 euros (tarifa xeral). Hai descontos por tarxeTOM, carné Xove, desempregado, etc…
LUGAR: Finca El Cenador, en Cambre
DESTINATARIOS/AS: 15 mozas/os de 16 a 30/35 anos
PROTOCOLO DE INSCRICIÓN: se o número de solicitudes supera o número de prazas ofertadas farase un sorteo o venres 28 de marzo ás 19 horas. Os participantes non empadroados non entran no sorteo, e deberán esperar a que haxa prazas libres para poder formalizar a inscrición definitiva. NON SE CHAMARÁ A NINGUÉN. A xente deberá consultar se ten praza. Terán preferencia os xoves de 16 a 30; despois os de 31 a 35 anos.
INSCRICIÓN DEFINITIVA: a partir do luns 31 de marzo (ata o mércores 2, ás 14 horas) pódese pasar pola OMIX (981.613170) ou pola Casa da Xuventude (981.650.269) para formalizar a inscrición. Considérase que unha persoa ten a inscrición formalizada cando entregou a seguinte documentación:
– folla de pago
– folla de datos sociosanitarios
EQUIPACIÓN E MATERIAL RECOMENDADO: libreta, bolígrafo, lápiz. TEMARIO. O curso é eminentemente práctico ainda que ten os necesarios contidos teóricos. Entre os temas a impartir no curso están: banquetes, materias para a montaxe e servizo, normas xerais dos buffets, pautas de decoración, protocolo invitados, distribución de alimentos na mesa buffet, equipos de frío-calor, normas sobre manipulación e exposición de alimentos, normativa hixienico-sanitaria, etc….











