publicidade hoxe

Cultura investirá 62.300 euros na restauración do retablo maior da igrexa de Santa María de Vilar e da Capela de San Lázaro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaños de MolgasLocal PortadaOurenseVerín
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinará 62.300 euros para a restauración do retablo maior da Igrexa de Santa María de Vilar, en Baños de Molgas, e da Capela de San Lázaro, en Verín. Estas dúas actuación, que están sendo tramitadas pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, comezarán proximamente.

Cultura e Educación investirá 42.300 euros na restauración do retablo maior da Igrexa de Santa María de Vilar, en Ponteambía, Baños de Molgas. Dentro das actuacións previstas atópanse a elaboración de mapas de estado de conservación, controis temporais de temperatura e humidade, unha limpeza superficial e a protección da policromía e volumes previamente á súa desmontaxe parcial. Tamén procederase a súa desmontaxe parcial ou total, dependendo do estado das mesmas, e o sixilado das pezas. Realizarase un tratamentos de desinsectación curativa-preventiva, unha consolidación do soporte, a recuperación estrutural do retablo e a revisión dos anclaxes. Por último, recuperarase o sagrario orixinal, trataranse os elementos metálicos, fixaranse as capas policrómicas e aplicarase un vernizado de protección final.

A restauración da Capela de San Lázaro, en Verín, contará cun investimento de 20.000 euros para a reparación da cuberta e o desenvolvemento de varios traballos. As actuación comezarán coa demolición da cuberta de tella existente para instalar unha nova incluíndo un latado de madeira, lámina impermeable e transpirable, illamento térmico, fibrocemento e tella curva. Asemade, instalarase unha canle de recollida de augas na ábsida, repoñerase o lucernario deteriorado existente no cumio e colocarase un revestimento de zinc de paramento lindeiro coa ábsida.

31 de marzo de 2014 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.