publicidade hoxe

Culleredo recibe dúas toneladas de produtos para bebés pola campaña do Club dos Leóns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

A campaña solidaria levada a cabo o fin de semana polo Club dos Leóns sáldase con grandes resultados. A iniciativa, que buscaba especificamente produtos para bebés, solicitou unhas dúas toneladas de achegas cidadás. O Club dos Leóns de Oleiros realizou esta campaña no supermercado Eroski de Acea de Ama. Logrou encher un total de 16 carros con produtos de primeira necesidade para os pequenos, como leites, potitos ou cueiros.

Responsables do club entregaron onte de forma oficial os produtos recolleitos ao Concello de Culleredo. O alcalde, Xullo Sancristán, e a concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, acudiron até o Eroski para recibir a colaboración e agradeceron profundamente esta “iniciativa desinteresada que axudará enormemente a moitas familias de Culleredo”.

E é que estas dúas toneladas de produtos engrosarán o Fondo Municipal de Alimentos do Concello de Culleredo. Posteriormente, nos próximos días, a Concellaría de Benestar repartiraos entre as familias do municipio sen recursos con menores a cargo.

O rexedor destacou a contribución cun rango de idades para o que non se adoitan destinar as campañas habituais de recollida. Agradeceu tamén a acollida realizada polo supermercado Eroski.

Club dos Leóns en Culleredo

Esta é a segunda ocasión que o Club dos Leóns colabora co Fondo Municipal de Alimentos de Culleredo. En decembro xa contribuíra con outras dúas toneladas de alimentos.

O Club está interesado en abrir unha delegación no municipio de Culleredo. Por iso, busca persoas interesadas en colaborar, que poden porse en contacto coa entidade.

4 de marzo de 2014 | 16:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.