Corte de tráfico nas rúas Raxoi e Torrente de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Por mor das obras de reurbanización da rúa de Raxoi é preciso pechala ao tráfico durante dous meses a partir do mércores 12 de marzo. A carga e descarga para os comercios farase dende a Praza do Obradoiro.

Así mesmo, con motivo das obras de instalación do colector do río Sar pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil terase que cortar ao tráfico a pista dende a rúa Torrente ao lugar da Curuxeira durante 3 semanas. A circulación desviarase por Montouto e pemitirase o acceso aos residentes. Os desvíos estarán debidamente sinalizados.

10 de marzo de 2014 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.