Corte de tráfico na rúa Xelmírez e Fonte Sequelo
Por mor das obras de reparación do enlousado quedarán pechadas ao tráfico as rúas Xelmírez e Fonte Sequelo (desde Preguntoiro ata rúa Nova) desde o 5 de marzo ata o 5 de abril. Durante este tempo invertirase o sentido de circulación na rúa da Conga para permitir a carga e descarga (en horario de 7 a 10.30 horas).
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.











