Corte de tráfico na rúa Ponte de Sar en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Por mor das obras de reparación do enlousado na rúa Ponte de Sar, esta quedará cortada ao tráfico desde o venres 28 de marzo ás 15.00 horas ata o luns 31 de marzo ás 8.00 h.

Habilitarse unha vía alternativa para a ruta de Autobuses Mosquera con entrada por rúa Ponte de Sar, Diego Bernal, Fontes de Sar, vía de servizo Torrente Ballester, avenida de Lugo, rúa de Bernardo Barreiro de Vázquez Varela e rúa Curros Enríquez. A saída farase pola rúa Castrón Douro, Curros Enríquez, Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, avenida de Lugo, Torrente Ballester, rúa Londres, Fontes de Sar, Diego Bernal e Ponte de Sar.   

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

26 de marzo de 2014 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.