publicidade hoxe

Controlado o incendio forestal rexistrado na parroquia de Bogo, en Pontenova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PontenovaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa dun incendio forestal controlado no municipio lugués da Pontenova, na parroquia de Bogo.

O lume iniciouse ás 02:07 horas de hoxe e quedou controlado ás 07:23 horas. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de 35 hectáreas de monte raso. Nos traballos de extinción deste incendio participan 3 axentes forestais, 5 brigadas e 3 motobombas.

Extinguido Foz-San Acisclo

Por outra parte, ás 06:00 horas desta madrugada quedou extinguido o lume forestal rexistrado no concello lugués de Foz, parroquia de San Acisclo.

Este lume iniciárase onte ás 08:52 horas e, segundo estimacións provisionais, afectou unha superficie de 50 hectáreas, todas elas de arborado.Na extinción deste incendio participaron 2 técnicos, 10 axentes forestais, 15 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.

Extinguido Santiago-Figueiras

Desde as 22:30 horas de onte, xoves, está tamén extinguido o incendio rexistrado no concello de Santiago de Compostela, parroquia de Figueiras.

Este lume iniciárase onte ás 17:47 horas de onte e, segundo estimacións provisionais, afectou unha superficie de 19,5 hectáreas, das que 10 corresponden a monte raso e as restantes 9,5 a arborado. Na extinción deste incendio traballaron 4 axentes forestais, 8 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

21 de marzo de 2014 | 10:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.