Contrátase a subministración e instalación do mobiliario do barrio da Magdalena
O Goberno Municipal de Ferrol deu hoxe un paso definitivo para normalizar o mobiliario urbano da zona centro da cidade ao adxudicar o contrato de subministración e montaxe dos novos elementos que se instalarán no barrio da Magdalena. A Xunta de Goberno Local, seguindo as indicacións da Mesa de Contratación, encargou á empresa Globalia Urbanismo Integral S.L a realización desta tarefa que permitirá que as rúas da Magdalena conten cun mobiliario acorde cos requisitos que establece a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia para un entorno catalogado como Ben de Interese Cultural (BIC).
A homologación do mobiliario da Magdalena aos requisitos legais terá un custe total de 134.490,29 euros (co 21% de IVE incluído). O lote inclúe novos bancos dobres e sinxelos –de láminas brancas de madeira cun deseño clásico- xardineiras, aparca – bicicletas, expositores e unha fonte na praza de Amboage. Todas estas pezas se emprazarán nas rúa peonís: Dolores, María, Magdalena, Galiano e Real. O Concello reutilizará os elementos que se retiren noutros sitios do municipio.











