Continúan por Pontevedra os roteiros Bolechas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Mañá martes, 18 de marzo, farán o roteiro Bolechas un grupo de 25 alumnos/as de 1º curso de educación primaria do colexio Sagrado Corazón de Xesús, que sairán da praza da Ferraría ás 10 horas.

O mércores serán un grupo de 31 alumnos/as de 5º curso de educación primaria do CEIP San Tomé (Cambados) os que farán este percorrido, ás 9.45 horas, desde o mesmo punto de partida.

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer o roteiro dos Bolechas para dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas de 1 a 7 anos. Con esta excursión pola zona antiga de Pontevedra os máis pequenos farán un percorrido guiado polo centro histórico da cidade. Por medio de xogos cos Bolechas, os personaxes creados por Pepe Carreiro, a actividade busca ligar o uso do noso idioma cos espazos urbanos da cidade e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

17 de marzo de 2014 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.