Confírmase a rotura de ligamento cruzado anterior do xogador do Santiago Futsal, Lucho
O informe médico tras as probas realizadas, confirmou as sospeitas e o xogador do Santiago Futsal, Luís López García “Lucho” ten unha rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo dereito, tras a lesión producida no transcurso do partido de cuartos de final da Copa de España ante Montesinos Jumilla. Esta lesión require de intervención cirúrxica a realizar nos próximos días.











