Concurso de tarxetas do Día da Muller Traballadora en Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

Neste concurso participan todos os rapaces e rapazas matriculados no C.E.I.P do Camiño de Palas de Rei, e no C.E.I.P Virxe da Luz de Portomarín, participación dividida en catro categorías: infantil (3, 4, 5 anos); 1º e 2º de primaria (6, 7 anos), 3º e 4º de primaria (7, 8 anos) e por último 5º e 6º de primaria (9, 10 anos), coa entrega dun premio por categoría. O tema da tarxeta será a muller e o seu traballo na actualidade, valorándose especialmente a súa orixinalidade e creatividade.

O 8 DE MARZO, SÁBADO, AS 17:OO HORAS, NA CASA DA CULTURA: OBRA DE TEATRO: “CHUVIA DE HISTORIAS”, por Alentía Teatro:

Unha obra que reivindica o papel activo da muller actual.Tras partir dunha situación de insatisfacción, insírense nunha travesía na que se abordarán diferentes eixes temáticos: a inmigración, a violencia en todas as súas facetas, a imaxe da muller nos medios de comunicación, na literatura, no cine…; a solidariedade, o consumismo, etc.

O 6, 7 e 12 DE MARZO, xoves, venres é mércores, NO I.E.S DO CAMIÑO, PALAS DE REI: OBRADOIROS FORMATIVOS,

Dirixidos ós alumnos e alumnas do Instituto de Palas de Rei,  cuxa temática principal son os estereotipos e roles de xénero: a súa influenza na segregación horizontal e vertical, coa visualización da curta: “Profesións sen Xénero”.

6 de marzo de 2014 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.