Concentración dos afectados de Forum e Afinsa
Tras o éxito das concentracións realizadas o 20 de febreiro diante dos xulgados de diversas cidades e ás que acudiron miles de persoas a Plataforma Unitaria “Solución Fórum-Afinsa”, impulsada en Galicia por ADICAE, ADEBITA e a Federación de Clientes de Afinsa e Fórum Filatélico, que reúne á maior parte dos 470.000 afectados o caso Forum, Afinsa e Arte e Natureza, volve convocar aos cidadáns a concentrarse o vindeiro xoves 20 de marzo ante os xulgados e institucións públicas baixo a lema “MOBILIZACIÓN ATÉ A SOLUCIÓN”, para esixir unha solución inmediata para os aforros secuestrados a estas familias. Tras case oito anos de demoras inxustificables, as vías xudiciais penal e concursal demostraron a súa inoperancia, polo que se precisa unha vontade política que satisfaga por fin as demandas destes pequenos aforradores atrapados nun escándalo que salpica non só aos directivos imputados, senón a todas as institucións e organismos do Estado, clase política incluída.
Ante isto, impulsamos unha elaborada proposta de solución política, baseada en que o Estado adquira a través do Instituto de Crédito Oficial (ICO) os dereitos recoñecidos aos afectados no paralizado proceso concursal de liquidación das empresas. Esta solución ademais de viable, avanzou e ten apoios políticos xa que foi aprobada POR UNANIMIDADE de todos os partidos en Aragón, Valencia, Murcia, Ceuta e Galicia. Ademais está prevista a súa aprobación noutras Comunidades Autónomas como Madrid, Castela e León, Cantabria, Cataluña, Estremadura, etc.
A concentración, que será apoiada en distintas cidades españolas, aproveitará para lembrarlle ao Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, a promesa que fixo estando na oposición de buscar unha solución inmediata e satisfactoria para os damnificados. Tal solución urxe xa, tendo en conta dos estragos que causa esta dilatada situación nuns tempos, ademais, particularmente difíciles para as familias españolas.
VIGO: Día 20 de marzo nos Xulgados de rúa Lalín ás 11:00
OURENSE: Día 20 de marzo na Subdelegación do Goberno en Parque de San Lázaro, 1 ás 11:00











