publicidade hoxe

Concello de Malpica e Xunta ratifican a reversión do centro comarcal de Bergantiños

Convenio de reversión do Centro Comarcal Bergantiños

Convenio de reversión do Centro Comarcal Bergantiños

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde de Malpica, Eduardo Pardo Veiga, asinaron esta mañá o convenio de reversión do Centro Comarcal de Bergantiños a favor do Concello, nun acto no que tamén estivo presente a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.

O de Malpica é o sétimo edificio destas característica propiedade da Xunta que pasa a depender do seu concello, nun claro exemplo de racionalización de recursos e de cooperación entre Administracións, que xa se traduce en beneficios para os cidadáns

En definitiva tratase de continuar afondando no obxectivo da Xunta de sumar esforzos, compartir recursos, evitar duplicidades e seguir mantendo con calidade os servizos que reciben os galegos e galegas.

Con eses mesmos fins, o Goberno galego foi pioneiro en poñer en marcha hai catro anos un ambicioso plan de racionalización da Administración paralela. A Xunta foi a primeira Administración en reducir o seu tamaño, abrindo unha senda que logo seguiron outras autonomías e a propia Administración central.

O plan que está a iniciar a súa terceira fase de desenvolvemento e que segundo os últimos datos -do Consello da semana pasada- xa logrou un aforro de máis de 50 millóns de euros anuais e a eliminación de 65 entes.

10 de marzo de 2014 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.