Con motivo do Día Internacional da Muller, Mos constitúe a súa Mesa Local contra a Violencia de Xénero

Mesa local contra a violencia de xénero en Mos
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller que se conmemora mañá sábado, 8 de marzo, dende o Concello de Mos procedeuse esta mañá á creación da Mesa Local contra a Violencia de Xénero, á que asistiu a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a edil responsable da concellería de Benestar Social, Sara Cebreiro, a Xefa do Servizo contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, Mª Paz Pérez Asorey, a psicóloga e unha traballadora social do departamento municipal de Benestar Social do Concello de Mos e representación da Policía Local mosense, da Garda Civil, do Centro de Saúde de Mos e do Centro de Información á Muller (CIM) de Mos e Porriño; así coma representantes dos grupos políticos da Corporación Municipal –Miguel Anxo Aldea, voceiro do BNG, e Patricia Pérez Ucha, concelleira do PSOE mosense-.
Tal e como explicou Cebreiro durante a súa intervención, a Mesa de Coordinación da Violencia de Xénero no Concello de Mos procura o desenvolvemento de actuacións que preveñan actos violentos contra as mulleres e garantan unha atención de maior calidade ás vítimas.
Como instrumento primordial de traballo, a Mesa presentou na súa reunión de hoxe un borrador de protocolo de actuación contra a violencia de xénero coa pretensión de que contribúa a unha mellora da atención inmediata das vítimas polos profesionais que traballan a diario directamente con elas logrando ademais que se perfile unha mellor coordinación entre ditos profesionais. Este borrador lle foi entregado polas técnicos municipais do departamento de Benestar Social a Mª Paz Pérez Asorey, Xefa do Servizo contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, para que dende este servizo especializado o valoren e estudien de cara poder facer matices, puntualizacións e melloras de dito documento durante a vindeira convocatoria da Mesa, que se celebrará nun prazo de dous meses. Tamén se lles pediu a revisión do borrador do protocolo de actuación á Policía Local e á Garda Civil para evitar lagunas procedimentais á hora de actuar.
Os principias obxectivos da Mesa Local contra a Violencia de Xénero son analizar a incidencia da violencia de xénero no municipio de Mos, detectar aqueles elementos que provocan disfuncións importantes na atencións ás vítimas de violencia de xénero, avaliar a efectividade das intervencións, acordar entre os axentes compoñentes da Mesa a implantación de programas e actuacións que contribúan á prevención da violencia de xénero e á súa erradicación; e realizar propostas e plans de actuación conxuntos.
Todas as entidades integrantes da Mesa coincidiron en salientar a importancia vital da prevención en materia de violencia de xénero para o que resulta esencial o traballo co profesorado e cos alumnos e alumnas nos centros educativos mosenses. E tamén coincidiron en valorar o de Mos como un Concello non moi afectado polo problema da violencia de xénero, xa que non se rexistra un número anual excesivo de vítimas nin se contempla un clima de grave risco para as mesmas, pero se sí presenta o handicap de ser un municipio rural no que o compoñente educacional leva a moitas mulleres a percibir como normais certos comportamentos que non deixan de ser violentos. As vítimas de violencia doméstica en Mos son sobre todo mulleres maiores.
Por último, esta mañá acordouse que á vindeira Mesa Local contra a Violencia de Xénero, que se celebrará o xoves 8 de maio ás 10.00 horas no Concello de Mos, convocarase a maiores dos hoxe presentes á directora do Centro de Emerxencias de Violencia de Xénero de Vigo (casa de acollida para mulleres maltratadas e seus fillos de ata 15 anos de idade) e a un representante dos centros educativos de Mos. Para isto último a concelleira mosense de Educación, Kely Monzón, plantexará a cuestión no vindeiro Consello Escolar, de xeito que sexan as directivas dos centros as que decidan entre elas quen vai a ser o seu representante na Mesa.











