publicidade hoxe

Con motivo do día da árbore Salvaterra de Miño celebrará varias actividades nos centros educativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra plantará diversas árbores nos seus Centros para conmemorar o Día Internacional da Árbore, e así a próxima semana levarase a cabo a plantación de diversas árbores froiteiras e carballos no CEIP Infante Felipe de Borbón, no CEP Carlos Casares de Alxén e no CEIP de Leirado, ademais de ofrecer un espectáculo infantil que ten como personaxe principal a “gran árbore” portadora da sabedoría, esta actividade levarase a cabo o martes 25.

E o mércores 26 tócalle aos mais cativos,  onde divididos en tres unitarias do CRA A Lagoa,  participarán na plantación dunha árbore froiteira e disfrutarán de diversas actividades, con xogos, obradoiros e contacontos.

Desta maneira o Concello quere por en valor unha vez mais a gran importancia da natureza e do medio ambiente e da gran labor que realizan as árbores, a través dos nenos e nenas do municipio. Temos que recordar que  Salvaterra é un dos Concellos que ten  mais metros cadrados  de zonas verdes ten  por habitante, ademais de ter máis de 1.000 árbores plantadas na Vila.

20 de marzo de 2014 | 20:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.