Comunicado do Concello de Lugo
O Concello de Lugo, ante as informacións difundidas esta tarde polos medios de comunicación respecto dunha gravación feita subrepticiamente ó Alcalde, José López Orozco, e empregada para tratar de facer ver que incorreu nalgún tipo de contratación ilegal, quere deixar claro que:
1.- O Alcalde de Lugo nunca colocou a ningunha persoa nin no Concello nin en ningunha empresa pública ou privada.
2.- O Alcalde de Lugo, como xa recolleron hai uns días os medios de comunicación, viuse obrigado a expulsar do seu despacho á persoa autora desa gravación á vista da súa actitude manifestamente irregular.
3.- O Concello de Lugo non pode consentir que algúns medios de comunicación terxiversen, aínda que sexa por descoñecemento, o sentido do seu programa de emprego SELFE que ten por obxectivo a dinamización da economía local, o fomento do emprego e a prestación de servizos ós cidadáns, nun momento no que ninguna administración pode contratar persoas desempregadas.
3.- Os avogados do Alcalde de Lugo están a estudar o novo fascículo do sumario feito público hoxe.
4.- O Alcalde de Lugo comparecerá ante os medios de comunicación, como sempre fixo, para informar á opinión pública de todo canto sexa de interese para a cidadanía.











