Comezan traballos de tala e poda de árbores no antigo colexio dos Campos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra inicia mañá pola mañá a poda e tala de distintos exemplares da antiga escola dos Campos, na parroquia de Mourente. Os traballos comezarán ás 09.00 horas a cargo dunha empresa especializada na tala de árbores. O concelleiro Miguel Filgueira, concelleiro delegado da parroquia de Mourente, estará no colexio vendo como discurren os traballos.

O concelleiro Miguel Filgueira explicou que ademais dunha limpeza previa que se fixo no recinto do colexio, agora acométese un traballo de racionalización do xardín eliminando especies invasoras que foron crecendo co paso do tempo, así como a retirada de setos (tullas) que acadaron unhas dimensións pouco apropiadas para un recinto como este. Ademais, podaranse árbores que continuarán no centro para mellorar a súa calidade de vida.

Miguel Filgueira explicou que o Concello sigue estudando o futuro do centro, e baralla distintas opcións para a súa futura ocupación. Mentres, traballa no mantemento do edificio e do xardín con labores como o de mañá.

6 de marzo de 2014 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.