Comezan os cursos de galego no IES Cotarelo de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Este luns, 1 de abril, comezan no instituto Cotarelo Valledor (Sobradelo) os cursos Celga 2 e Celga 4 que organiza o Concello en colaboración coa Xunta de Galicia. Rematado o prazo de inscrición aínda quedan algunhas prazas libres, que os interesados poderán cubrir presentándose nas mesmas aulas, o luns, a partir das 19:00 horas. Os cursos desenvolveranse de luns a venres, de 19:00 a 21 horas. Rematará o 28 de maio. O prazo de pagamento e inscrición nas probas de exame remata o día 11 de abril.

A CONCELLERÍA DE XUVENTUDE INFORMA DA APERTURA DA INSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA

A Concellería de Xuventude informa da apertura do prazo de inscrición nos campamentos de verán que organiza a Xunta de Galicia, destinados a rapaces con idades entre 9 e 18 anos. As bases e requisitos están publicados na web www.xuventude.net. Os interesados poden dirixirse á Concellería de Xuventude (primeiro andar da Casa Consistorial) onde poderán plantear calquera dúbida e mesmo cubrir o formulario de inscrición que logo será tramitado a través do portelo único co que conta o Concello.

29 de marzo de 2014 | 10:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.