Comezan en Mos os obradoiros do programa “Tempos de Lecer 2014”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A concelleira de Participación Cidadá mosense, Kely Monzón, informou hoxe de que estanse a levar a caso os obradoiros do programa “Tempos de Lecer 2014” nas diferentes asociacións do municipio que se inscribiron nesta actividade, e que permanecerán en activo ata o vindeiro mes de abril.

Nesta edición un total de 15 asociacións solicitaron de entre a enorme variedade de obradoiros os seguintes, que xa se están a impartir nos seus respectivos centros: Pintura en Seda e Tea, Retalería Artesá Patchwork, Vainicas e Bordados, Taller de Risoterapia, Pintura, Bolillos avanzado, Yoga, Taller de Teatro, Técnicas de Memoria, Taller de Batuka, Informática (iniciación e avanzada), Fotografía e Taller de Automaquillaxe.

O fin principal deste programa, que xa se realizou en varias ocasións con gran éxito entre os participantes, é dar resposta á gran demanda por parte das asociacións e conseguir unha mellora do uso e disfrute do tempo libre dos participantes, a través da aprendizaxe, do traballo en equipo é do fomento da creatividade nos diferentes campos de actuación social.

Os obxectivos dos obradoiros son fomentar o asociacionismo na vida sociocultural e comunitaria, facilitar ás persoas de Mos a posibilidade de ocupar o seu tempo de lecer con actividades formativas adaptadas ás súas posibilidades económicas, promover a participación social entre as persoas que máis o precisen, proporcionar alternativas de lecer no seu medio máis próximo e fomentar o uso do tempo de lecer en equipo.

Este programa está dirixido a tódolos veciños e veciñas maiores de 14 anos, empadroados/as no Concello de Mos ou que sexan membros dalgunha asociación inscrita neste Concello, e o custo da partición por persoa en cada obradoiro é de 1 € por hora.

26 de marzo de 2014 | 20:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.