Comezan as obras de arranxo de rúas e estradas no Carballiño
Este luns os operarios da Deputación de Ourense iniciaron os traballos de arranxo das estradas e rúas da vila e municipio do Carballiño. Tal e como adiantaron o alcalde e o concelleiro de Obras, no momento en que a meteorología cambio puideron comezar estes traballos. Os primeiros que se están realizando son os correspondentes ás carrteras e rúas do Carballiño propiedade da Deputación, como é o caso da estrada de Mesego, onde xa procederon a tapar as primeiras fochancas. Continuarán na zona da Avenida de Galicia e Castelao. Unha vez finalicen con estes proxectos comezarán os enmarcados dentro do convenio asinado entre o concello e a deputación.
En total O Carballiño conta cuns 100 quilómetros de vías de titularidade municipal, incluíndo tanto as urbanas como as da zona rural e as parroquias. No convenio asinado coa Deputación provincial vai permitir o arranxo e, o que é máis importante, o mantemento de todas estas vías, con custo mínimo para as arcas municipais xa que será o organismo provincial o encargado de achegar a man de obra e maquinaria necesaria para estes traballos, sendo a achega municipal o material necesario para os mesmos.











