Comeza o obradoiro de xadrez en Ponte Muíños
Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, en colaboración coa Escola de Xadrez de Pontevedra e a Asociación de Veciños Ponte Muíños, organiza un curso de xadrez dentro das iniciativas para dinamizar o uso do galego ligado aos ámbitos do lecer e do deporte.
Terá lugar todos os venres, desde mañá 7 de marzo ata o 13 de xuño, de 18.30 a 20 horas no local social de Ponte Muíños e está dirixido a persoas maiores de 6 anos. As persoas que desexen inscribirse nesta actividade poden poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística, pois quedan prazas libres:
Servizo de Normalización Lingüística.
Tel. 986 863 157
normalizacionlinguistica@pontevedra.eu
Este obradoiro, totalmente gratuíto, será impartido polo mestre internacional de xadrez Pablo García, e ten como obxectivos fomentar o uso do galego ligado ao xadrez e achegar aos participantes á práctica deste deporte.











