Comeza o Curso de Monitores de Tempo Libre en Ribadumia co 100% de prazas cubertas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

Os participantes no curso de monitor de tempo libre organizado pola Concellería de Cultura e Xuventude de Ribadumia que comezou este sábado atopáronse cun temario que vai mais aló dos talleres infantís e as habilidades de globoflexia. Así o cadro docente formado por Licenciados en Educación física, pedagogos e educadores aborda  un amplo contido, adaptado o RD 50/2000 que regula os programas de formación das escolas de Ocio e Tempo Libre. O aspecto mais novidoso e a formación específica en actividades náuticas e deportes de aventura.

O curso, homologado pola Xunta de Galicia, realizase sábados e domingos en horario de 09:00 a 14:00 e 16:00 a 21:00, nos meses de marzo e abril ata cumprir as 200 horas teóricas. O 90% dos inscritos realizarán as 150 horas prácticas na empresa de tempo libre. Os asistentes poderán dispoñer da titulación de monitor de ocio e tempo libre durante a tempada de semana santa e verán, ámbalas dúas épocas nas que este están mais demandado este tipo de profesionais.

14 de marzo de 2014 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.