Comeza na Laracha o curso de preparación para a obtención do graduado en ESO para adultos
Xa está en marcha o curso de preparación para a obtención do graduado en educación secundaria (ESO) para persoas maiores de 18 anos de idade que organiza o Concello da Laracha coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Son 27 os alumnos que por medio deste curso se prepararán durante os próximos meses para a realización das probas que convoca a Xunta de Galicia e que terán lugar o 23 de maio e o 11 de setembro.
As clases, que se desenvolven en horario intensivo de mañá, comezaron a impartirse hoxe nunha das aulas da Casa da Cultura da Laracha.











