publicidade hoxe

Comeza a tomar forma o edificio que albergará o novo PAI de Touro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O edificio que albergará o novo Punto de Atención á Infancia (PAI) de Touro comeza a tomar forma. As obras xa comezaron e pode apreciarse a estrutura que formará o PAI. O edificio irá encostado á Casa de Cultura de Touro, un proxecto que xa está finalizado e que será inaugurado a curto prazo.

O PAI deberá estar acabado o 23 de agosto. Copcisa, a empresa encargada de executar o proxecto, iniciou recentemente as obras e finalizaraas, tal e como está previsto, a finais do mes de agosto. A construción do edificio, impulsado polo Consordio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, requirirá un investimento de 191.000 euros. O solar está situado nunha zona de servizos de Fonte Díaz. Alí están as piscinas, a residencia de maiores, a zona de autocaravanas, as pistas de deportes e o edificio que acollerá o novo centro social.

O alcalde confía en que o PAI poida comezar a funcionar e a recibir aos habitantes máis pequenos de Touro no curso 2013-2014. “Ese é ou noso obxectivo”, asegura Ignacio Codesido. O novo edificio será de similares características á Casa de Cultura. Estará dotado de todos os servizos para acoller a 20 nenos e nenas. Terá un total de 252 metros cadrados construídos en planta baixa. E constará dunha aula e un espazo de usos múltiples. Tamén contará cunha zona de descanso e un patio exterior cuberto.

19 de marzo de 2014 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.