Chega a Palas de Rei a terceira fase do programa ‘Alimentos para a solidariedade’ que beneficia a 60 familias
Un total de 60 familias, con escasos recursos económicos, resultan beneficidas na 3º fase do Programa “Alimentos para a Solidariedade”, que a Cruz Vermella pon en marcha no municipio palense a traverso da estreita colaboración dos Servicios Sociais do Concello de Palas de Rei.
Esta terceira fase deste Programa de Axuda, consiste na entrega a cada familia dun paquete de alimentos diversos (pastas, legumbres, queixos, galletas, leite, etc.). A entrega destes alimentos farase efectiva o xoves, 13 de marzo de 2014 de 10:30h a 12:30h. nas instalacións do Mercado Gandeiro de Palas de Rei. En caso de que as persoas interesadas non poidan acudir a recoller o paquete de alimentos, dende o Concello de Palas, prégaselles que se poñan en contacto coa Traballadora Social de 9:00h a 14:00h ou chamando ao teléfono 982380003.











