Chega a Oroso a mostra de Juan Lara, gañador do VII Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaOroso
A-
A+
A Casa da Cultura de Oroso acolle a exposición do VII Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez, que gañou o artista Juan Lara. A mostra estará aberta ao público ata o 2 de abril, momento no que se trasladará ao municipio de Ponteceso, como parte da ruta pola provincia que seguen todos os certames convocados pola Deputación da Coruña.

A obra de Lara resultou elixida entre máis de 229 orixinais presentados por artistas de 26 países diferentes. Supuxo unha alta participación, pero superada ao ano seguinte nunha das edicións con maior participación da historia deste premio, que suma xa nove convocatorias.

De feito, xa están publicadas as bases para participar na IX edición do Jesús Núñez, no que o gañador obterá 6.500 euros. A Deputación contempla tamén dous accésits consistentes cada un deles nunha beca de matrícula dun módulo do Máster de Obra Gráfica impartido pola Fundación CIEC. O prazo de presentación comeza o 2 de xuño.

Este e os outros seis premios culturais que este ano convoca a Deputación da Coruña  seguen a filosofía da institución provincial de apoiar ao arte e aos artistas. Ademais, no caso concreto deste certame, preténdese tamén recoñecer o labor realizado pola Fundación “Centro Internacional de la Estampa Contemporánea” de Betanzos e a traxectoria do artista Jesús Núñez.

19 de marzo de 2014 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.