Chega a Cedeira a mostra gañadora do VIII Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCedeira
A-
A+
O Palacete Municipal de Cedeira acolle a exposición do VIII Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez, que este ano gañou o artista Luis Rosado. A mostra estará aberta ao público ata o 17de marzo, momento no que se trasladará ao Concello de Oroso, como parte da ruta pola provincia que seguen todos os certames convocados pola Deputación da Coruña.

A obra de Rosado resultou elixida entre máis de 235. Foi, por tanto, unha das edicións con maior participación da historia deste premio, que suma xa nove convocatorias. No seu momento o xurado salientou a súa “técnica de xilografía clásica cunha formulación moi actual que da coma resultado unha imaxe potente e rica en matices”.      

Xa están publicadas as bases para participar na IX edición do Jesús Núñez, no que o gañador obterá 6.500 euros. A Deputación contempla tamén dous accésits consistentes cada un deles nunha beca de matrícula dun módulo do Máster de Obra Gráfica impartido pola Fundación CIEC.  

Este e os outros seis premios culturais que este ano convoca a Deputación da Coruña  seguen a filosofía da institución provincial de apoiar ao arte e aos artistas. Ademais, no caso concreto deste certame, preténdese tamén recoñecer a labor realizada pola Fundación “Centro Internacional de la Estampa Contemporánea” de Betanzos e a traxectoria do artista Jesús Núñez.

7 de marzo de 2014 | 10:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.