publicidade hoxe

Charlas en Arzúa sobre oportunidades para o sector forestal e medidas para evitar roubos no rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

No vindeiro mes de abril o Concello de Arzúa colabora na organización de dúas charlas informativas que, a bo seguro, resultarán do interese dos veciños e veciñas do municipio.

A primeira delas será ofrecida por persoal da Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia e versará sobre as Oportunidades para o Sector Forestal. Entre os temas a tratar está o cultivo e xestión sostible e rentable do eucalipto: qué, cómo, dónde e cándo plantar; cómo coidar o monte para que medre máis ou mesmo cándo cortar. Esta xornada informativa terá lugar o venres, 11 de abril, no Telecentro de Comunicación de Arzúa, situado ao carón do Xulgado, na Rúa de Lugo,  a partir das 16:30 horas da tarde.

A segunda das charlas informativas terá lugar o martes, 22 de abril, a partir das 11 da mañá no Telecentro de Comunicación de Arzúa. Membros da Garda Civil da Coruña, do Equipo Roca (especializados na investigación de roubos no campo) ofrecerán unha charla sobre as medidas a adoptar ante a oleada de roubos que se veñen producindo nas parroquias dos concellos rurais.

26 de marzo de 2014 | 11:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.