Charla sobre compra responsable en Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

Na sesión do mércores 2 de abril tratarase o tema: “Compra responsable e saudable. Etiquetado dos alimentos” dentro do programa de charlas informativas sobre temas de interese xeral que se desenvolve no Centro Cultural Xaime Illa Couto todos os mércores de 18 a 19 h. A charla será impartida por Lucía Figueira, psicóloga.

O programa, de balde e de entrada libre, sen ser necesaria a inscrición previa, está organizado polo concello de Poio coa finalidade de achegarlle á veciñanza información sobre temas de interese relativas á saúde, nutrición, hábitos saudables, prevención de doenzas e accidentes, interacción social e familiar…

Terán lugar cada mércores ás 18 h. e serán impartidas por profesionais da área que colaboran desinteresadamente nesta iniciativa que está coordinada polas concellarías de sanidade, educación, benestar social, igualdade, cultura e deportes.

Na sesión do mércores 9 de abril, tratarase o tema da farmacoloxía, medicación en crónicos e terceira idade e medicamentos xenéricos.

29 de marzo de 2014 | 15:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.