Charla informativa do “Plan Mayor Seguridad” na Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

A charla informativa impartida esta mañá pola Garda Civil nunha das aulas do edificio de servizos múltiples da Laracha e no marco do “Plan Mayor Seguridad”, contou coa asistencia de quince veciños do municipio.

A sesión foi dirixida ao colectivo da terceira idade e versou sobre os diferentes problemas de seguridade que lles afectan directamente, relacionados, por exemplo, con roubos no domicilio, na rúa ou no entorno de entidades financeiras, estafas, uso fraudulento de contas bancarias e cartillas de aforro, maltrato nas súas diferentes formas e medidas preventivas en relación cos riscos derivados do uso da Internet e das novas tecnoloxías.

31 de marzo de 2014 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.