Cerdedo comeza os traballos de acondicionamento das áreas danadas polos temporais
O Concello de Cerdedo coa súa brigada de operarios e en colaboración cun pisón cedido pola Deputación Provincial, inicia os traballos de mellora e acondicionamento de diversas zonas danadas polos temporais. Tras a inspección por parte dos servizos técnicos do concello en viarios, camiño, cubertas, etc.., iníciase con esta actuación estas reparacións coa compactación do firme de varios camiños interiores de Cerdedo núcleo. Estas actuacións estenderanse a todas os núcleos de poboación. En breve tamén se realizarán importantes actuacións de limpeza e roza.
Por outra banda, en breve período o Concello de Cerdedo resolverá lle procedemento polo cal se adxudicará a obra pertencente ao PEIM 2013 de Pavimentación de camiños en Piñeiro e Chamadoira. Na actualidade estes camiños están en moi mal estado de conservación e pavimentados en formigón con firme irregular debido ao paso do tempo e ás condicións climatolóxicas tan adversas. Por tal motivo e con esta actuación subvencionada na súa totalidade pola Consellería de Medio Rural preténdese mellorar a capa de rodaxe destes camiños de Piñeiro e Chamadoira. Para estes traballos en primeiro lugar procederase á limpeza delas cunetas con máquinas retroexcavadoras, varrido dos camiños e pavimentado. O importe total das actuacións rolda os 35.000 €.











