Cen nenos coruñeses viaxan coa Deputación á estación de San Isidro
- wdfb_og_images: a:1:{i:0;s:0:"";}
- wdfb_og_custom_name: a:1:{i:0;s:0:"";}
- wdfb_og_custom_value: a:1:{i:0;s:0:"";}
A campaña de esquí da Deputación chega a Coruña. Cen nenos dos concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, A Coruña, Miño, Oleiros e Sada partiron esta fin de semana a estación de San Isidro para participar na campaña organizada pola Deputación de Coruña en colaboración coa de León.
A vicepresidenta Mariel Padín, responsable tamén das áreas de Cultura e Deportes, acudiu a despedir aos rapaces á explanada de Riazor, de onde saíron dous autobuses. A próxima fin de semana será a quenda dos empadroados nos concellos da contorna de Santiago, con saída de autobuses desde Ames, Ordes, Teixeiro e Arzúa. Esta campaña, que comezou a mediados do mes de febreiro, permitirá que 500 nenos da provincia practiquen o esquí.