publicidade hoxe

Cee acolle un curso preparatorio de galego Celga 4

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCee
A-
A+

A Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de concederlle ao Concello de Cee o curso preparatorio de lingua galega, CELGA 4.  A data de inicio será o martes, 1 de abril, ás 19 horas no IES Fernando Blanco de Cee e a data de remate será o 28 de maio.

Aquelas persoas maiores de 16 anos (ou que os fagan durante o ano 2014) poden formalizar a matrícula para asistir ao curso no enderezo electrónico: sxpl.acoruna@xunta.es, antes do 31 de marzo, indicando nome e apelidos, NIF, enderezo electrónico e teléfono de contacto e curso ao que desexan asistir (nivel, centro de impartición e localidade).

Para máis información, as persoas interesadas poden achegarse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cee (2º andar da Casa Consistorial) ou ben chamando ao teléfono: 981 745 100.

25 de marzo de 2014 | 11:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.