Cangas vístese de Entroido

Entroido en Cangas
Onte deu comezo oficialmente o Entroido en Cangas coa lectura do Pregón por parte dun dos membros da comparsa “ Os da Curia” de coiro. Ás 21,30 horas déronse cita na carpa instalada na explanada de Ojea cinco das murgas locais así como decenas de veciños e veciñas, disfrazados e sen disfrazar, para celebrar o inicio destas festas invernais. No acto tamén estivo presente o concelleiro de Cultura José Luis Gestido.
Unha vez finalizado o pregón e a actuación das comparsas os máis festeiros puideron desfrutar dunha pinchada musical ata ben entrada a madrugada.
Esta tarde foi o turno dos cativos. Os nenos e nenas da ludoteca municipal e de varios centros escolares asistiron a partir das 17,00 horas a un festival do entroido onde ademais de lucir os seus disfraces presenciaron a actuación do dúo “As Maimiñas”.
Estaba previsto que estas actividades infantís se celebrasen onte pero a consecuencia das fortes chuvias a concellería de Cultura e Xuventude decidiu aplazalas para hoxe.











