Campaña do Obradoiro para popularizar o baloncesto entre os monfortinos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de Deportes do concello de Monforte informa que o club de baloncesto Rio Natura Monbús puxo en marcha a campaña “Cidades Amigas” para fomentar a asistencia de cidadáns de toda Galicia ós partidos que disputa no pavillón Fontes do Sar.

Mediante esta campaña, cada fin de semana que o Obradoiro xogue en Santiago, veciños/as de tres localidades galegas poderán beneficiarse dun prezo especial na compra de entradas por tan só 9 €.

O Rio Natura Monbús pretende involucrar ás localidades galegas no fomento e popularización do baloncesto e dinamizar a identificación dos afeccionados co equipo.

O vindeiro sábado día 22 de marzo, ás 20:00 h., o Obradoiro xogará contra o Baloncesto Fuenlabrada, encontro no que a veciñanza das localidades de Monforte, Caldas de Reis e Arzúa, poderá beneficiarse das entradas a 9 euros para ver baloncesto de primeiro nivel.

Para acollerse a esta promoción, as persoas interesadas deberán presentar o seu DNI ou calquera documento oficial que verifique a súa residencia nalgunha destas tres localidades á hora de adquirir a súa entrada, tanto en venda anticipada nas oficinas ou na tenda oficial do club como no despacho de billetes do pavillón o mesmo día do partido.

17 de marzo de 2014 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.