Campamentos para nenos na Lanzada e Príncipe Felipe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán, a través da concelleria de Patrimonio, Igualdade e Xuventude,  informa que xa está aberto o prazo de inscrición para os  Campamentos de “A Lanzada”, organizados pola Deputación de Pontevedra. O campamento está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2001 e 2006, ambos os dous incluidos, e o periodo de inscrición remata o día 1 de abril.

Tamén está aberto o prazo de inscrición para os campamentos polideportivos Príncipe Felipe da Deputación de Pontevedra, destinados a nenos e nenas nados entre os anos 2000 e 2007 ambos os dous incluídos, cuxo periodo de inscrición remata tamén o primeiro do próximo mes.

Para máis información e/ ou inscrición contactar coa OMIX de Nigrán, situada na Estrada  pola Vía, 65 (antiga estación do tranvía) ou no teléfono 986 383 081.

 

10 de marzo de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.