Cambre organiza un programa de actividades de promoción da igualdade de oportunidades
O Concello de Cambre pon en marchar un programa de actividades de promoción da igualdade. Baixo o lema “Keep Calm and Cambre-♀n “, o concello ten previsto organizar a través da súa concellaría de Igualdade, Benestar Social, Sanidade e Educación unha campaña de promoción da igualdade e de coeducación nos centros educativos de primaria de Cambre. O programa de actividades desenvolverase ao longo dos meses de marzo e abril. Para o seu desenvolvemento, o Concello conta co financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo. A edil de Igualdade, María Jesús González Roel, indicou que este tipo de campañas promoven a concienciación dos máis xoves sobre as posibles discriminacións que sofren as mulleres. “Os bos resultados das campañas pasadas fan que comecemos esta nova edición con moita ilusión e resaltando o papel das mulleres de cambre como foco especial da mesma. Anímovos a todos a participar nesta nova edición.”, apuntóu a edil. O lema da campaña e moi significativo e é que o goberno británico utilizou este eslogan “Keep Calm and Carry on” ante a inminente invasión xermana no 39. Agora, explica González Roel, este lema utilizarase aquí para expresar que Cambre non se detén ante nada en pro da igualdade. “Eu entendo que o lema deixa claro que a apostamos pola igualdade e non pararemos ata conseguila”, explicou.
Tanto a imaxe da campaña, como a temática, e as actividades programadas inciden en aspectos considerados dentro do I Plan de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do concello de Cambre para os anos 2011-2015. Así, estas actividades realízanse no marco do ámbito socio – educativo: coa finalidade de promover a igualdade e favorecer a autonomía persoal e a corresponsabilidade do alumando no ámbito doméstico, e no ámbito convivencial: coa finalidade de potenciar actividades nas que ás mulleres e a temática dá igualdade sexan as protagonistas. As actividades programadas deron comezo o día 17 de marzo coa apertura do prazo de participación da II edición do concurso “A Historia das Mulleres do Concello de Cambre”, concurso co que desde a concellaría de Igualdade promove o recoñecemento do papel da muller cambresa ao longo da historia do Concello.
A campaña de sensibilización social para a promoción da igualdade consta das seguintes actividades:
Concurso “A Historia das Mulleres do Concello de Cambre”: aberto á participación de toda a veciñanza de Cambre. Ten como obxecto motivar á veciñanza do noso Concello a investigar sobre as mulleres de Cambre, e realizar unha “historia de vida”. Para iso, terán que entrevistar e recoller información sobre unha muller do concello, ou que desenvolvera a súa actividade dentro do concello de Cambre, da súa familia, ou simplemente unha veciña ou unha muller coñecida do municipio, que de diferentes formas, ten ou tivo unha especial relevancia en prol da promoción da igualdade entre mulleres e homes. De entre as historias seleccionadas escolleranse tres gañadoras que serán galardoadas cos seguintes premios:
1º premio: cheque de compra por valor de 150 euros.
2º premio: cheque de compra por valor de 75 euros.
3º premio: cheque de compra por valor de 50 euros.
Os cheques de compra poderán ser empregados dentro dos establecementos que conforman a plataforma de comercio local “Ti fas Cambre”.
2. Actividades de coeducación para o alumnado de 4º de primaria dos cinco CEIPs de Cambre. Entre as actividades para os nenos e nenas de primaria que se desenvolverán ao longo dos meses de marzo e abril de 2014, destacan unha serie de obradoiros educativos que teñen como finalidade potenciar a corresponsabilidade dentro das tarefas do fogar, á par que concienciar e sensibilizar en materia de igualdade, provocando un cambio de actitudes e comportamentos que favorezan a dita corresponsabilidade. O alumnado tamén poderá participar cos seu relatos sobre as “historias de vida” de mulleres e veciñas de Cambre na edición infantil do concurso “A Historia das Mulleres do Concello de Cambre”, este concurso ten como finalidade que o alumnado amplíe o seu coñecemento sobre a historia e vida das mulleres do concello, e visibilicen a discriminación que puideron sufrir.
3. Acto de entrega de premios e homenaxe ás mulleres protagonistas das “historias de vida” que participaron no concurso “A Historia das Mulleres do Concello de Cambre”. Dito acto terá lugar o vindeiro xoves 10 de abril ás 20:00 horas no Centro Sociocultural do Graxal.
Para máis información, o Concello dispuxo na súa páxina Web, www.cambre.es, facebook del concello e no Facebook de Igualdade Cambre toda a información sobre esta campaña de sensibilización sobre a promoción da igualdade, onde se pode consultar todo o programa de actividades e as últimas novidades.











