Cambre organiza tres cursos cun diagnóstico personalizado de cada un dos comercios
Cambre organiza tres cursos diferentes dirixidos ao comercio local totalmente prácticos co obxectivo de que os comerciantes poñan en práctica de inmediato o apreso. Trátase de dous cursos de empaquetado e un de técnicas de venda para os que se ofertan 32 prazas en total. Están integrados no programa “Vende + non teu local”, de formación comercial organizado polo departamento Promoción Económica que dirixe a popular Marta Vázquez Golpe.
Impartiranse todos en Vila Concepción e serán gratuítos, aínda que o máis interesante é que o curso de técnicas de venda leva incorporado un diagnóstico personalizado para cada un dos comercios integrantes que se desenvolverá in situ, achegando solucións concretas de aplicación inmediata e sen custo aos erros detectados no propio comercio. Segundo a edil de Promoción Económica, “a innovación na imaxe comercial e a comunicación co público son aspectos craves para impulsar as vendas. O comercio cambrés é un comercio de calidade e teñen a capacidade suficiente para todo o que se propoña e este tipo de iniciativas son un paso máis para lograr os seus obxectivos”, apunta Vázquez.
Os cursos de empaquetado comercial terán lugar os días 7, 9 e 10 de abril en Vila Concepción e a inscrición será os días 1,2 e 3 de abril. Doutra banda, o curso Vende + non teu local”, terá lugar o 21, 22 e 24 de abril e a inscrición poderase levar a cabo até o 11 de abril. A concelleira explica que se trata dunha formación práctica de pequena e mediana empresa co obxectivo de mellorar a comunicación dos produtos de face ao consumidor











