Cambre organia dúas festas infantís no polideportivo do Temple

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O Concello de Cambre organiza dúas festas infantís, a primeira delas terá lugar o 3 de marzo no polideportivo do Temple ás 17.00 h, nela os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos poderán gozar de inchables e de obradoiros, cuxa temática será a cociña. A segunda das festas terá lugar na capital do municipio e será ao seguinte día e a mesma hora, no polideportivo Sofía Toro, ademais dos inchables esta festa contará cuns animadores, espectáculos de maxia e de teatro; A Asociación Terceira Idade de Cambre colaborará elaborando chocolate. En ambas festas habilitarase un espazo para o coidado dos mais pequenos: sala para a atención dos bebes. 

3 de marzo de 2014 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.