Cambre celebra con diferentes plantacións polo municipio o Día Internacional da Árbore

Día da Árbore en Cambre
A Concellaría de Medio Ambiente de Cambre levou a cabo hoxe con motivo do Día Internacional do Arbol unha plantación de castiñeiros nas diferentes CEIPS de Cambre. A edil de Medio Ambiente, Rocío Vila, asistiu á plantación nun día no que todos os concellos deben tomar conciencia da importancia de preservar as árbores como exemplo de respecto polo Medio Ambiente. Ao acto non puideron finalmente acudir os escolares cambreses, que non saíron das súas aulas debido á choiva que caía á hora da plantación polo que Vila emprazoulles a realizar un acto nas próximas semanas que sirva para concienciar aos escolares da importancia das árbores e da súa preservación.
Doutra banda, levará a cabo unha plantación de castiñeiros na leira municipal das Gamelas, na parroquia de Anceis, dentro da plantación a nivel comarcal que realizaron todos 18 os integrantes de concellos socios da Asociación “Mariñas-Betanzos”. O obxectivo é mandar unha mensaxe de aposta polo mantemento da biodiversidade, pola conservación dúas os seus valores ambientais e culturais, por un desenvolvimiento social e económico harmónico e respectuoso co medio, e comprometidos na loita contra o cambio climático.











