Cambios na programación de Entroido en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O Concello de Gondomar informa de que a verbena prevista para mañá martes ás 22.00 hora queda suspendida, debido ás previsións meteorolóxicas. 

As actividades infantís, Festa (hoxe, 16.30 horas) e Desfile (mañá, 16.30 horas) trasládanse ao Pavillón Municipal.

Finalmente, o tradicional Desfile de Comparsas celebrarase o vindeiro venres, día 7, a partir das 21.00 horas.

3 de marzo de 2014 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.