Cambados renova a colaboración con Amigos de Galicia
O primeiro tenente de alcalde, Antonio Iglesias Pombo, e o presidente comarcal de Amigos de Galicia, Jesús Bustos, asinaron hoxe a renovación do convenio de colaboración entre o Concello de Cambados e a Fundación Amigos de Galicia.Este documento, que se vai renovando ano a ano, permitirá á esta asociación benéfica seguir utilizando a antiga escola unitaria de Vilariño para celebrar xuntanzas e organizar cursos formativos.
No mesmo acto, o tenente de alcalde, xunto con Susana Figueroa, xefa de servizo da delegación da Xunta en Pontevedra, e o propio Jesús Bustos entregaron os diplomas correspondentes a treces persoas que participaron no curso de formación para “acompañantes de transporte escolar”, organizado pola fundación benéfica no Salnés. O dirixente da fundación agradeceu a colaboración institucional e amosou a intención de continuar formando a persoas en risco de exclusión para facilitar a súa integración social nesta comarca











