publicidade hoxe

Cambados acolle a segunda regata da Copa Sipre da Liga Galega de Kaiak

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosDeportes
A-
A+

Cambados acollerá o vindeiro domingo a segunda regata da Copa Sipre da liga Galega de kaiak de mar a partir das 11.30 horas. Para esta competición están inscritos máis de douscentos padeeiros, o que constitúe un rexistro histórico. Unha hora máis tarde disputarase a regata popular.

O Club Piragüismo Cambados faise cargo da organización dunha proba que terá características especiais polo elevado número de deportistas e que ademais ten o aliciente de ser popular. A Copa Sipre tamén é unha magnífica oportunidade para achegar o piragüismo a todo tipo de persoas.

Ao once e media da mañá darase a saída a próbaa elite, na que tomará parte 235 padeeiras, segundo as últimas inscricións. Percorrerán 12 quilómetros. Unha hora máis tarde será a quenda para a regata popular sobre unha distancia de cinco quilómetros.

A Copa Sipre Liga Galega de kaiak de mar chega á súa segunda proba consolidada como unha das máis importantes dentro do calendario de actividades da Federación Galega de Piragüismo.

20 de marzo de 2014 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.