publicidade hoxe

Caldas de Reis, Arzúa e Monforte de Lemos serán as `Cidades Amigas´ no partido Rio Natura Monbus – Fuenlabrada

O proxecto do Rio Natura Monbus para popularizar o baloncesto en localidades galegas, continúa no próximo encontro que o equipo disputará como local no partido ante o Fuenlabrada, declarado partido do Universitario. Nesta ocasión, serán os veciños de Caldas de Reis (Pontevedra), Arzúa (A Coruña), e Monforte de Lemos (Lugo) os que presentando a xustificación de residencia correspondente, poderán conseguir as súas entradas para o encontro do sábado 22 de marzo (20.00 horas) por tan só 9 euros.

Para gozar desta oferta, simplemente requirirase ao comprador o DNI que verifique a procendencia dun destes concellos, ou calquera outro documento oficial que indique a residencia neles. As entradas xa están dispoñibles, tanto nas oficinal do club, de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas, como na tenda de produtos oficiais “Miudiño Store”, localizada dentro do local Blusens en Área Central e con apertura de mércores a sábados de 17.00 a 22.00 horas.

Do mesmo xeito, o club ten activada para leste mesmo encontro outra promoción, destinada a estudantes universitarios, e que permite a estes adquirir os billetes por 9 euros en Tribuna 2. Tamén mantén prezos reducidos para menores de 18 anos, estudantes menores de 26 parados de longa duración, maiores de 65 anos, abonados e accionistas.

Os prezos oficiais son de 35 euros en Tribuna Retráctil, 29 euros en Tribuna 1, 25 euros en Tribuna 2 e 19 euros en calquera dos Fondos. Estas entradas pódense adquirir tamén en calquera momento a través da web do club.

12 de marzo de 2014 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.