Cadetes e infantís do Burela, na fase final comarcal de deporte escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O futuro do CD Burela FS Pescados Rubén contará con tres representantes na fase final comarcal de Deporte Escolar que se disputará este sábado en Foz. O Cadete A, Infantil A e Infantil B accederon ás semifinais da Mariña como primeiros dos seus respectivos grupos en liga; os primeiros mediranse ao Pilar, os segundos a Barreiros e os terceiros a Lourenzá-Mondoñedo. No caso de saír vitoriosos, disputarán a final ese mesmo día, ás 12.30 horas, en Marzán para os cadetes e no Pilar para os infantís, con posibilidades nesta última dunha gran cita cento por cento laranxa.

Ao longo da fin de semana, as categorías da base burelista tamén deberán cumprir cos compromisos en Liga Provincial Xuvenil, Autonómica Cadete e Infantil, Deporte Escolar e Liga Prebenxamín da Mariña, ademais dalgún amigable.

Fase final comarcal de Deporte Escolar

Burela FS Cadete A-Colexio do Pilar Cadete

Sábado 29 de marzo, ás 11.00 horas, no pavillón de Marzán de Foz

ED Burela FS Infantil A-EDM Barreiros Infantil

Sábado 29 de marzo, ás 11.00 horas, no pavillón do Pilar de Foz

ED Burela FS Infantil B-ED Lourenzá Mondoñedo Infantil

Sábado 29 de marzo, ás 10.00 horas, no pavillón do Pilar de Foz

Liga Provincial Xuvenil

Burela FS-Cidade de Lugo A

Domingo 30 de marzo, ás 11.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Liga Autonómica Cadete

Burela FS-Concello de Guitiriz

Sábado 29 de marzo, ás 19.00 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela

Peña Españolista Sarria-Burela FS

Domingo 30 de marzo, ás 18.15 horas, no pavillón do Chanto de Sarria

Liga Autonómica Infantil

Peña Españolista Sarria-ED Burela FS

Domingo 30 de marzo, ás 17.00 horas, no pavillón do Chanto de Sarria

Deporte Escolar

ED Lourenzá Mondoñedo Cadete 1-3 Burela FS Cadete A (martes 25)

Liga Prebenxamín da Mariña

EDM Cervo-ED Burela FS (Prebenxamín 1)

Xoves 27 de marzo, ás 18.00 horas, no pavillón do CEIP Cervo

ED Burela FS-ACD Xove (Prebenxamín 2)

Sábado 29 de marzo, ás 17.00 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela

Amigables

Burela FS Infantil C-Burela FS Cadete B

Sábado 29 de marzo, ás 16.00 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela

27 de marzo de 2014 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.