Brión convoca dous cursos formativos en primeiros auxilios e elaboración de conservas caseiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O Concello de Brión, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca dous cursos formativos para o vindeiro mes de abril sobre primeiros auxilios e elaboración de conservas caseiras. En ambos casos, a matrícula poderá formalizarse ata unha semana antes do curso na Casa da Cultura, no 981 509 908 ou no mail: voluntariado@briondixital.org.

O curso de elaboración de conservas caseiras terá unha duración de 8 horas lectivas, que se desenvolverá o sábado 26 de abril en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. O curso terá unha cota de 20 euros e é preciso un mínimo de 8 persoas inscritas para a súa realización.

Por outra banda, o curso de primeiros auxilios terá lugar os sábados 12 e 26 de abril, na sala de exposicións municipal de Brión en horario de 10:00 a 14:00 horas. O prezo é de 10 euros e son precisos un mínimo de 12 anotados para a súa realización.

20 de marzo de 2014 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.