publicidade hoxe

Boiro acolleu unha nova edición do Duatlón Escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

O venres 28 de marzo celebrouse en Boiro unha nova edición do DUATLÓN ESCOLAR, actividade que organizou o Departamento de Deportes local en colaboración coa Xunta de Galicia a través do programa XOGADE (xogos deportivos en idade escolar).

O duatlón é unha disciplina que combina a carreira a pé e a carreira en bicicleta que, dependendo da categoría, percorreron as seguintes distancias:

-Benxamíns: 500 m. carreira + 2000 m. bicicleta + 250 m. carreira.

-Alevíns: 1000 m. carreira + 4000 m. bicicleta + 500 m. carreira.

-Infantiles: 1500 m. carreira + 6000 m. bicicleta + 750 m. carreira.

-Cadetes: 2000 m. carreira + 8000 m. bicicleta + 1000 m. carreira.

Participaron preto de 100 rapaces e rapazas pertencentes aos CEIP Santa María do Castro (Cabo de Cruz), CEIP Cespón, CEIP Praia Xardín e un grupo de rapaces da Pobra do Caramiñal, organizados pola Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.

O circuito estivo instalado no paseo marítimo de Boiro (para os tramos da carreira a pé) e na Avda. Avellaneda (para os tramos da carreira en bicicleta), totalmente pechado ao tráfico rodado para garantir a seguridade da proba.

Achegáronse ao lugar tamén moitos pais e nais dos rapaces, que contribuíron a crear un clima deportivo do máis atractivo, axudado tamén polas condicións climatolóxicas tan favorables que se tivo o venres.

31 de marzo de 2014 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.