Benestar Social de Gondomar prepara unha viaxe a Cataluña para maiores de 55 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

A Concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar,  a través da  Axencia de Viaxes  PONTETUR S.L.: XG-297, organiza unha excursión-viaxe para maiores de 55 anos a Cataluña.

A data da viaxe, será o día 5 do próximo mes de Maio e terá unha duración de 6 días, de luns a sábado.

O prezo da mesma é de 290 € por persoa e inclúe: desprazamento en autocar, hotel de tres estrelas na Costa Brava, pensión completa-bebidas, guía acompañante,  guía local oficial en Barcelona, entrada a un bodega de cava e seguro de asistencia.

 As persoas interesadas en reservar praza poden facelo antes do 7 DE ABRIL. Máis información no Departamento de Benestar Social, sito na Casa da Cultura.

20 de marzo de 2014 | 10:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.