publicidade hoxe

Bases do premio “trapeir@ de honra” de recoñecemento á labor pola parroquia dos Vilares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitiriz
A-
A+

O proxecto Os Vilares, lareira de soños crea un premio de recoñecemento á labor a prol da parroquia dos Vilares en calquera aspecto positivo tanto nos apartados cultural, industrial, tradicional, de promoción ou posta en valor desta.

O premio poderá ser concedido con caracter individual ou a entidades, sin discriminación en función do xénero, practica relixiosa ou ideario d@s premiad@s.

Denomínase Trapeir@de honra pola simboloxía e importancia que este oficio tivo na identidade da parroquia e no que significa como oficio humilde e ao tempo honroso de enfrentar as dificultades en calquer circunstancia tanto nos Vilares como en calquera parroquia chairega e galega.

A comisión responsable do proxecto, presidida pola súa  promotora será a encargada,  de nomear aos premiados cos seguintes criterios:

1- O premio denominase PREMIO TRAPEIR@ DE HONRA e terá caracter anual.

2- O premio recoñece a labor dunha persoa ou entidade que teña destacado pola defensa, promoción e traballo,  pola parroquia chairega dos Vilares.

3- A comisión que decide o gañador/a anual debe facelo por unanimidade e en base a criterios obxectivos e positivoa a favos da parroquia na súa decisión.

4- O premio non terá concesión de ningún tipo de prestación económica sinón un trofeo ou distinción de caracter simbólico de recoñecemento por parte da parroquia dos Vilares.

5- O premio consistirá nun lenzo ou “trapo” enmarcado co logo corporativo do proxecto Os Vilares, Lareira de soños na tela e o lema PREMIO TRAPEIR@ DE HONRA, ano e nome da persoa ou entidade premiada.

6- O premio será entregado cada ano enmun acto público aberto e de acceso libre.

7- O acto de entrega do premio, así como o premio físico serán responsabilidade do proxecto Os Vilares, lareira de soños, que se encargará do mesmo e da súa diusión.

8- Poderase conceder o premio con carácter póstumo no caso de que o recoñecido morrera. Nese caso, deberá ser recollido por alguén que o represente, ao igual que si se atopara ausente ou imposibilitado de facelo directamente no momento da entrega ou sexa unha entidade a premiada.

9- O premio será entregado, preferntemente,  nun lugar dentro da parroquia dos Vilares.

10- Calquer modificación nas presentes bases debe ser acordada pola unanimidade da comisión organizadora.

31 de marzo de 2014 | 10:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.