Bardaos regresa ao pasado coa súa festa dos ’80

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Sadurniño
A-
A+

A confraría do San Pipote e a asociación de veciños Adiante de Igrexafeita colaboran de novo na organización de “Regreso aos 80”, a festa coa que recordar a música, o vestiario e os usos de hai xa trinta anos. O encontro comezará este sábado ás 23 horas no local social de Bardaos.

A entrada ao evento é gratuíta. A organización ten preparada unha velada coa música ao vivo do grupo Punta Norte e tamén con éxitos “enlatados” da década dos 80. Adiante e o San Pipote informan tamén de que haberá premios para quen traia roupa e complementos da época.  

Agardan que os J’Hayber, as chupas de coiro, os xerséis fosforito, o “koreanos” e as camisetas de Naranjito inunden a pista ao ritmo da movida madrileña e da idade dourada do pop-rock.

O Sonoro Maxín en Dzine

A outra opción para a noite do sábado témola na sala de concertos e cafetería DZINE, onde a partir das 23.30 actuará o grupo O Sonoro Maxín. As entradas a 5 euros e non está de mais reservalas antes a través do facebook ou chamando ao 981 491 086 ou 686 539 209

21 de marzo de 2014 | 13:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.